ORQUESTRA CLÁSICA

17mai11:0020:00Mercado da ARTE 2026ESPECTÁCULOS |De balde11:00 - 20:00(GMT+02:00) Mercado do Calvario

Detalles do eventos

O Mercado da Arte do Calvario chega á súa décima edición consolidado como un evento marcado pola forte carga artística dos seus expositores. A praza de abastos viguesa abre as súas portas para converter os bancais das peixeiras e o primeiro andar en postos de exposición onde destacan disciplinas como a pintura, ilustración, téxtil, xoiería ou serigrafía.

Nesta ocasión, a cita acolle a máis de 80 expositores procedentes de toda Galicia e de diferentes puntos do territorio nacional. As obras participantes foron seleccionadas entre máis de 350 propostas recibidas, destacando a alta calidade de todas elas.

A organización de ‘No todo el pescado está vendido‘ celebra a gran acollida que ten este mercado ano tras ano, o que provoca que as prazas para participar se esgoten ao pouco de abrir a convocatoria. Dende a súa primeira edición, a iniciativa mantén o seu carácter pioneiro de levar a arte e a artesanía ás prazas de abastos, transformándoas nun escaparate para todos os públicos e nun espazo onde os visitantes poden falar directamente cos artistas para entender o sentido de cada obra.

Programa e Actividades

O ambiente artístico estenderase por todo o barrio do Calvario, funcionando como un punto de intercambio de ideas e tendencias.

Ao longo de toda a xornada haberá diversas actuacións e obradoiros:

  • 12:30 h: Concerto infantil de Paco Nogueiras, ‘Canto contigo’.
  • 15:00 h a 17:00 h: Taller artístico de ‘Fenotipia desbordada’.
  • 17:30 h: Contacontos ‘Ganapán e Garabato’ e os ‘Nenos Porcalláns’.
  • 19:00 h: Concerto de clausura a cargo de ‘O Modulador de Ondas’.

Hora

17 maio, 2026 11:00 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Mercado do Calvario

Rúa de Urzáiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events