bannerVialia
RevistaFebreiro23

18dec11:30Mercadiño de Nadal en MapisPEQUERRECHOS | De balde11:30 Mapis

Mercadiño de Nadal en Mapis

A tenda de puericultura Mapis organiza un día de actividades de Nadal, o domingo 18 de decembro.

Para comezar terán a visita de Papá Noel, en dous turnos. Pola mañá de 11.30h a 14h e pola tarde a partir das 17h.

Por outro lado, haberá un mercadiño con artesás e artistas que irán ensinar as súas cousiñas e terán postos nos que podedes mercar os seus produtos.

PARTICIPANTES

– @lanita_y_corazon cos seus marabillosos bastidores feitos a man.

– @lorenacostasfotografa que ensinará unha mostra do seu traballo e estará dispoñible para quen queira inmortalizar o momento do seu peque con Papá Noel.

– @agasallosbrincosdeprincesa Cos seus bonecos e axóuxeres.

– @minaxoia3d coas súas xoias.

– @elrincondejuliet cos seus pendentes orixinais e feitos a man.

– @miudinho.scg que traerá uns xoguetes incríbles e feitiños a man aquí en Vigo.

– @anxogr artista Vigués, coñecido polas súas obras de edificios e lugares emblemáticos da cidade, deixará unhas láminas dispoñibles para adquirir.

Tamén vai haber descontos especiais na tenda en varios produtos, activos unicamente na tenda física o día do evento.

Domingo 18 a partir das 11:30

Máis

Hora

(Domingo) 11:30

Localización

Mapis

R. de Pizarro, 47, 36204 Vigo, Pontevedra

X