BIBOPALULA

08xuñ11:2019:30Festival benéfico 'Salvemos a Barroca'FESTIVAIS E FEIRAS | De balde11:20 - 19:30(GMT+02:00) Doutor Cadaval

Detalles do eventos

O 8 de xuño celebrarase un mercado de arte e artesanía para a recadación de fondos en apoio a Salvemos a Barroca: plataforma cidadá pola conservación da última carballeira de San Paio de Navia (Vigo), ameazada pola construción do multiusos Vigo Arena. Conformada por máis de 630 cidadáns e máis de 15 entidades de Vigo (VerdeGaia, Greenpeace, ADEGA, Ecoloxistas en acción, Amigas da terra, Sociedade Galega de Historia Natural, AA.VV. Novo Vigo, A Cafetera cerámica, Taller alaselva, A Morada Cooperativa, Árbore Cooperativa, 13 graos, Fundición Nautilius, AVIBE e Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde), a plataforma vela pola preservación do patrimonio natural e histórico do barrio de Navia.

O mercado terá lugar ás 11:20 h na Rúa Doutor Cadaval, 17; e na praza do Colexio de Arquitectos a partir das 12:00 h, con varias actuacións:

  • 12.00 h: Ferrinhas da Oliveira
  • 12:30 h: Cándido Pazó
  • 13:30 h: The Freebillies
  • 17:30 h: Xan Solo e a súa banda
  • 18:00 h: Rubén Fernández
  • 18:30 h: Desafiando Sombras

Ás 19:00 h celebrarase a poxa de obras de arte no local do Ateneo Atlántico (Rúa Doutor Cadaval, 17), na que colaboran unha gran cantidade de artistas achegando cadansúa peza artesanal. Todos os artistas que participan desta iniciativa fano de forma solidaria para que Salvemos a Barroca recade o máximo diñeiro posible co obxectivo de impugnar xudicialmente o PXOM, aprobado a pasada semana pola coorporación municipal.

Máis

Hora

8 xuño, 2025 11:20 - 19:30(GMT+02:00)

Localización

Doutor Cadaval

Doutor Cadaval, 29

Other Events