Este é un evento repetitivo10 maio, 2026 11:00
Detalles do eventos
A Fundación Casa Caridade de Vigo celebra esta fin de semana a quinta edición do seu rastro benéfico nun escenario de excepción como é o claustro do século
Detalles do eventos
A Fundación Casa Caridade de Vigo celebra esta fin de semana a quinta edición do seu rastro benéfico nun escenario de excepción como é o claustro do século XVII. Aínda que a actividade solidaria comeza o sábado, a xornada do domingo 10 de maio concentrará o groso da oferta lúdica para atraer aos vigueses cara a este rincón histórico da cidade.
Este domingo é a ocasión perfecta para achegarse ao antigo mosteiro de San Francisco, situado no número 69 da rúa homónima, e gozar dunha xornada chea de actividades para todos os gustos. O plan comeza ás 12:30 h cunha sesión vermú amenizada pola música en directo do grupo Noviembre, contando ademais cun servizo de bar para tomar algo na espectacular contorna do claustro. Pola tarde, a emoción está asegurada para a afección celeste co sorteo de tres camisetas do Celta que terá lugar ás 18:00 h. Todo isto desenvólvese no marco do mercado, que abrirá de 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:30 h, ofrecendo a última oportunidade para facerse con pezas exclusivas de arte, decoración, roupa e mobles de segunda man antes de que finalice o evento.
Aínda que o domingo sexa o día máis animado, o mercado de segunda man abrirá as súas portas tamén o sábado 9 de maio. Esta iniciativa xorde tras o éxito acadado na edición de Nadal, co obxectivo de recadar fondos para o Comedor da Esperanza. Este centro, activo desde 1985 e coñecido popularmente como o ‘Comedor do Berbés’, é un piar fundamental para a cidade. Atende cada día a unha media de 150 persoas e ofrece ademais dun menú supervisado por expertos nutricionistas, servizos de hixiene, ropería e barbería.
Comprar no mercado supón tamén unha oportunidade única para coñecer unha xoia arquitectónica que pasou a mans da Casa da Caridade en 1887. O labor da fundación apóiase nun equipo de 35 voluntarios que, en quendas diarias, garanten que o comedor social funcione os 365 días do ano. A directora da entidade convida a toda a cidadanía a participar nesta cita, agradecendo tanto as doazóns individuais coma as de empresas do sector alimentario que sosteñen este proxecto.
Hora
9 maio, 2026 11:00 - 20:30(GMT+02:00)
Localización
A Casa da Caridade
Rúa de San Francisco, 69, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
maio



