GFFF
GFFF

Meninas 2023: 'Traga'

02nov12:00Meninas 2023: 'Traga'ESPECTÁCULOS |De balde12:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

Recital perfo-poético de voces contra a violencia machista que se celebrará dentro da programación dos actos Meninas 2023, organizados pola Delegación do Goberno en Galicia para conmemorar o 25 de novembro.

A poetisa Yolanda Castaño, recente Premio Nacional de Poesía, coordinará o acto no que diferentes escritoras galegas lerán textos propios que falan de mulleres co obxectivo de profundizar na loita contra a violencia machista desde a cultura. Baixo o título de ‘Traga’, a acción combinará o recital de varias das voces femininas máis recoñecidas da poesía en lingua galega cunha performance visual da artista galega Ana Xesto, formando unha peza creativa única. Ademais de Yolanda Castaño e Ana Xesto, participarán nesta denuncia poético-visual as poetisas Chus Pato, Silvia Penas, Lorena Souto e Branca Trigo. O acto finalizará coas palabras do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, e a responsable da área de Goberno de Igualdade do Concello de Vigo e senadora, Carmela Silva.

Máis

Hora

2 novembro, 2023 12:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events