REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

Memorial Moxenas

29xan18:00Memorial MoxenasCONCERTOS | De balde18:00(GMT+01:00) Auditorio CVC Valladares

Detalles do eventos

Sábado 21 de xaneiro ás 19:00

Leni Pérez & Roberto Comesaña
Leni Pérez ,folclorista, intérprete e recompiladora, leva dende os 14 anos facendo traballo de campo por toda a xeografía galega, máis de trinta anos dando clases en asociacións da comarca de Vigo e Val Miñor. Con máis de cento e medio de alumnos e alumnas. Dende finais dos noventa traballou na TVG, primeiro no programa Luar e logo no programa Larpeiros. Roberto Comesaña, nado en Nigrán, titulado en Piano jazz no CSM Coruña, mestre de piano e acordeón en distintas escolas da comarca. Únense no 2020 para unha serie de concertos cunha proposta chamada “Cantares”, Músicas no Camiño Portugués, de aí nace a idea de plasmar algunhas daquelas cancións xunto a outras no traballo discográfico “De Ramo en Ramo”. Aturuxo e Cantadeiras do Alba O grupo de gaitas Aturuxo do Centro Cultural A.R, de Valladres, xurde do sei da escola de gaitas, dirixida naque momento por D. Nazario González Iglesias, coñecido po- los/as alumnos/as como Mestre Moxenas. Dende o 1995 e ata a actulidade, está dirixido por D. Xosé Oliveira, pupilo de Moxenas. A este grupo únese o grupo de percusión dirixido por D. Iván Blanco. Cantadeiras do Alba nace no ano 2002 baixo a dirección de Leni Pérez. O obxectivo deste grupo é a recuperación de cnatigas tradicionaise populares, contando cun amplo reper- torio recollido na zona ás mulleres de Valadares, romances, xogos, historias, muiñeiras, xotas e cantares chegados dende Portugal da man de homes que viñan traballar ó Porto de Vigo.

Domingo 22 de xaneiro ás 18:00h.

Xosé Liz & Paula Gómez

Estes dous artistas únense no ano 2019 para levar a cabo unha proposta que pretende unir as melodías tradicionais de Galicia e Castela nun repertorio con formato sutil pero cheo de enerxía. Fan, ademais, un percorrido polas terras do norte europeo (Irlanda, Escocia, Finlandia, Bretaña) e Canadá ou EEUU. A faceta multiinstrumental deste dúo fan que o espectáculo se enriqueza con diferentes sonoridades. As Frautas de madeira, o violín, a corda pulsada e as percusións farannos viaxar sen movernos da butaca, facendo disfrutar a todo tipo de audiencia.

Xistra de Coruxo

Agrupación que pretende estudar, divulgar e actualizar as melodías que formaron parte dos divertimentos e sentimentos das xentes do Sur Galego. Levan con esta labor 35 anos, polo que foi catalogado como o gru- po que mellor trata a evolución musical dentro dos parámetros marcados no eido da tradición galega e o que aporta máis novida- des de repertorio, debido ó seu abondoso arquivo de gravacións de campo orquestadas polo seu presidente e antropólogo D. Xerardo F. Santomé. O seu repertorio é de marcado matiz bailable e participativo, o que fai dos seus directos unha incitación á troula e ó goce nunha cere-monia musical amenizada por un son característico magníficamente executado polos seus compoñentes e convidados/as.

Sábado 28 de setembro ás 19:00h.

Faltriqueira
Grupo de voces femininas e percusión, co acompañamento de Jorge Juncal no acordeón, presentarán en primicia temas no novo disco e clásicos da banda. “Nacenza” é o seu quinto traballo que presentan no 2023. É unha aposta que xurde das entrañas, para canalizar a dor e alegría que moitas veces viaxan xuntas. Son cancións que emocionan, que liberan e axudan a medrar en comunidade sen esquecer que o proceso é individual.

Volta e Dálle
Grupo Folk integrado por oito amig@s que compartimos o entusiasmo pola música e as costumes do país. Posúen un repertorio variado de muiñeiras, foliadas, pasdobres, rumbas, alalás, valses,…todas elas de autoría propia ou poesía galega musicada por eles. Beben da tradición pero as súas letras tratan de remover conciencias tocando temáticas actuais que precisan ser visibilizadas. Posúen no mercado dous traballos discográficos, “Quen te quere ben” (2018) e “Tempo detido” (2022).

Domingo 29 de xaneiro ás 18:00h.

Os Folieiros
Quinteto de música tradicional que dende que nacera no ano 1997 en Lavadores, foron recollendo e interpretando pezas tradicionais e doutros gaiteiros e pezas que inspiraron para compoñer outras pezas coas esencias deles mesmos.

Setecuncas
Grupo de música e baile tradicional formado en Matamá no ano 2006, chegando a formar parte da actual Asociación Cultural Setecuncas. Entre os seus fins principais está o ensino e a divulgación da música e do baile tradicional galego, sendo este tipo de expresión artística unha parte importante do riquísimo patrimonio inmaterial que Galicia posúe. Desenvolve diversas actividades relacionadas coas festividades que se organizan na parroquia de Matamá e na cidade de Vigo, onde cabe salientar as relacionadas co Ciclo Anual Galego que levan a cabo en colaboración co C.E.I.P Josefa Alonso e outras asociacións da zona.

Máis

Hora

(Domingo) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio CVC Valladares

Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO

Other Events