'Memoria do silencio', de Eva Mejuto – A Movida

febreiro, 2019

20feb20:00'Memoria do silencio', de Eva MejutoPRESENTACIÓN LIBRO | De balde20:00 Librouro

Máis

Detalles do evento

O mércores 20 de febreiro de 2019 ás 20:00 horas, na librería Librouro,  terá lugar a presentación do libro Memoria do silencio de Eva Mejuto.
A compañarán á autora Antonio García Teijeiro, Guillermo Touza e Su Garrido que interpretará varias pezas musicais.

SINOPSE

Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade.Novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial.Eva Mejuto regresa á narrativa xuvenil con Memoria do silencio, finalista do Premio Jules Verne, logo da súa incursión con 22 segundos (Xerais 2017).

Hora

(Mércores) 20:00

Lugar

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

X