Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico organiza este xoves a conferencia “O dereito á memoria, á dignidade e a reparación”, unha sesión que contará coa intervención do recoñecido médico e antropólogo
Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico organiza este xoves a conferencia “O dereito á memoria, á dignidade e a reparación”, unha sesión que contará coa intervención do recoñecido médico e antropólogo forense Francisco Etxeberria Gabilondo.
Nesta sesión, que conta coa subvención do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática do Goberno de España, abordarase a importancia estratéxica da ciencia forense aplicada á recuperación, dignificación e reparación moral das familias das persoas represaliadas durante a contenda civil e o franquismo, facendo fincapé nas víctimas de provincia de Pontevedra eixo do programa da comisión de Memoria Histórica do Ateneo Atlántico durante o presente ano.
Francisco Etxeberria Gabilondo, profesor titular de Medicina Legal e Forense na Universidade do País Vasco e presidente da Sociedad de Ciencias Aranzadi, é considerado unha das maiores autoridades internacionais na materia. Cunha traxectoria de máis de 20 anos, liderou a exhumación de centos de fosas comúns en España —incluíndo intervencións históricas como a de Pico Reja en Sevilla ou os complexos estudos no Valle de los Caídos. – Na actualidade exerce como asesor científico da Secretaría de Estado de Memoria Democrática.
Máis alá do seu traballo no ámbito estatal, a intervención Etxeberria foi clave en investigacións xudiciais internacionais de enorme repercusión. O especialista participou de forma directa na identificación das vítimas da ditadura chilena de Augusto Pinochet, así como no equipo que determinou as causas reais da morte do expresidente Salvador Allende e do poeta Pablo Neruda.
Así mesmo, en España, colaborou en procesos xudiciais históricos e asesorou na resolución dalgúns dos casos criminalísticos máis mediáticos e complexos das últimas décadas, ao ser decisiva a súa intervención no análisis dos restos dos cativos do caso de José Bretón, e anteriormente xogando un papel determinante na identificación dos restos de Jose Antonio Lasa y Jose Ignacio Zabala asesinados polo GAL.
A presentación terá lugar no salón de actos do Museo MARCO ás 19:30 horas, con entrada libre ata completar o aforo. O relataor será presentado pola presidenta do Ateneo Atlántico, Luisa Abad
Hora
11 xuño, 2026 19:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
xullo


