VIALIA
bannerPicnicSesions

Este é un evento repetitivo

MEMO

23abr20:00MEMOESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Teatro Ensalle trae de noo a obra ‘MEMO’. Na Dirección, Texto e dramaturxia de Pedro Fresneda e como Creación e interpretación de Raquel Hernández, Artús Rei e Pedro Fresneda presentaránnos esta obra sensorial e emocional os días 22, 23 e 24 de abril ás 20:00h.

Somos memoria: sensorial, emocional, semántica e, tamén, selectiva. Percibimos, sentimos, procesamos, repetimos, reproducimos, comunicamos… pero tamén manipulamos e esquecemos. Somos o último paso coñecido do mamífero, o seu teito. Non só nos criamos con leite, mamamos memoria. E memoria damos de mamar. Somos animais racionais (os únicos) non bestas (todos os demais), mulleres e homes que non femias e machos, nenas e nenos non cachorros. Somos cidadás e cidadáns, Natureza é algo que está máis aló da nosa urbe que non é máis que un orbe amurallado. Un contedor de recordos e efemérides coas súas bibliotecas e os seus museos, a súa arquitectura e as súas estatuas.

Máis