Memento Mori – A Movida

novembro, 2018

17nov21:30Memento MoriINAUGURACIÓN EXPOSICIÓN | De balde21:30 PELUQart

Máis

Detalles do evento

O sábado 17 de novembro, ás 21.30, en PELUQart, Arte para tirarse de los pelos, clausura de exposicións. A fin dun ciclo coa exposición Memento Mori de Alexandre Folgoso.

Uns ollos que miran o chan. O vento que susurra na escuridade da noite. A luz entendida como ferida aberta. O negro que amosa un mundo en continua destrución. Nenez. Morte. Sales de prata como ataque preventivo contra esta. Aquí foi onde chegamos. Oda caníbal a decadencia do mundo que habitamos.

“Quen desexe realmente facer algo que se poña xa mans á obra […] e axude a exercer a sabotaxe” Lois Pereiro

Biografía artistas:

Alexandre Folgoso (Xinzo de Limia, 1996) é un fotógrafo graduado en Linguas Estranxeiras. Nado no capitalismo da imaxe, acredita nas sales de prata como revolta contra os procedementos dixitais que simplifican a capacidade expresiva e poética do medio fotográfico. A súa obra foi publicada en varios portais especializados e inaugura a primeira exposición individual da súa obra no espazo multidisciplinar Sara García – PELUQ art.

El Suarez, Pablo X Suárez (Siero, Asturies, 1981). Filólogo e especialista na lingua asturiana. En asturiano publicou os poemarios Asturiana Beat (Trabe, 2005), El sistema débeme una chocolatina (Suburbia, 2011) e a recopilación de relatos Yoni y yo (Suburbia, 2010) co que recibiu o Premio da Crítica de Asturias 2010; en castelán, os poemarios Pop Retórika (Glayíu, 2010), que xa vai pola terceira pequena edición, e Cómo evitar el apocalipsis (La novia de nadie, 2016). Dende 2009 organiza as Timbas Poétikas coma canle para abrir espazos á poesía pública por bares, okupas, centros sociais e aldeas do nordeste. Promove o festival de poesía oral, performance e verbena Sacavera Sound. En 2008 publica Little Babilonia (Saltadera, 2018) polo que lle foi concedido o premio Xuan María Acebal 2017, otorgado pola conseyería de cultura d’Asturies ao mellor poemario en asturiano.

Retranca, sorna ou ironía atlántica, psicodelia e costumbrismo, Budismo skinhead e aldeanismo urbanita converxen nuns versos que, a través do oxímoron e a metáfora surrealista, tentan quebrar a hexemonía do pensamento dicotómico cotián. En directo, o estilo de Suárez, a través de distintas
máscaras de tolemia, coquetea igualmente co rap e o monólogo que co mitín político ou o palique nunha tasca.

ALBA .G (Madrid, 1991) revélase autora dalgunha das obras que máis impacto tiveron no panorama asturianu dos últimos anos. Aínda que, sen dúbida, o que faría despegar a súa carreira artística sería o seu poemario erótico de proxección internacional “Estoy más buena que Dios” (La novia de nadie, 2016). En 2018 embarcouse nun novo proxecto teatral que pretende impoñer a honestidade a calqueira prezo: Concolor Couguar. Sobre o escenario… A violencia como reclamo…

“Descartada la terapia.
Descartados los ideales.
Descartadas la justicia y la amistad.
No quiero respeto. No quiero vuestro respeto. Ese respeto de gente nada respetable.
Me vais a temer o me vais a odiar.
Esa es mi apuesta literaria.”

Exposición | Alexandre Folgoso
Colabora | Versus Librería
Poesía | ALBA .G + El Suarez
Diseño Cartelería | Studio Llunik
Equipo técnico | Alejo, de Foz Films

Entrada de balde ata completar aforo.

Hora

(Sádado) 21:30

Lugar

PELUQart

Rúa Couto Piñeiro, 2, 36204 Vigo, Pontevedra

X