VIALIA
bannerPicnicSesions

Melendi, primeiro concerto confirmado en Castrelos este verán

17ago21:00Melendi, primeiro concerto confirmado en Castrelos este veránCONCERTOS | -21:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

Melendi actuará no Auditorio de Castrelos o próximo sábado 17 de agosto. O coñecido cantautor asturiano, famoso polos ritmos pop e flamencos e letras emotivas, visitará Vigo dentro da xira “20 Años Sin Noticias” co que celebra 20 anos do lanzamento do seu disco debut Sin Noticias de Holanda.  Melendi anunciou 10 únicas datas desta serie de concertos especiais nos que reinterpretará parte do repertorio dos seus primeiros discos e incluirá cancións que leva máis de 15 anos sen cantar, ademaisdos seus éxitos máis emblemáticos.

O concerto de Melendi é o primeiro confirmado no auditorio a ceo aberto para este verán. Onte Abel Caballero anunciou que Castrelos acollerá en 2024 14 concertos de artistas nacionais e internacionais e que serán desvelados nos próximos meses. O que si sabemos é que en dez destes concertos o público estará de pé e nos catro restantes dispoñeranse cadeiras para que os asistentes gocen dos recitais sentados. A estes catorce concertos hai que sumar catro espectáculos destinados ao público familiar.

A hora do recital non foi confirmada e as entradas aínda non están á venda.

Máis