FAITE AMOVIDALOVER

25feb12:57MEDIAREA + TIRULEQUEconcertos | desde 12,00 €12:57(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

MEDIAREA presenta Virando por avante, un disco cun total de 9 composicións propias, onde figuran colaboracións como as de Sabela Galbán, María Prado, Alfonso Malvido e as pandeireteiras 3 pés p’un banco. Músicas inspiradas no mar, na cultura mariñeira e na cultura do viño do país, coas velas trimadas para ventos de cambio pero tamén de loita, poñéndose á capa se é preciso.

Nestes tempos de demasiada música plastificada e homoxeneizada, Mediarea demostra que se pode navegar contracorrente e continuar avanzando a base de gaita, acordeón, voz e percusión. Respectando e renovando a tradición a partes iguais, e removendo a quen os segue vendo aferrados aos seus instrumentos.

Tiruleque – Repichoca

Neste cuarto traballo discográfico, a banda coruñesa xoga coa forza das voces femininas que deron forma á tradición da música cantada en galego. Esas avoas incansables de corpos vellos e espíritos novos, que foron quen de transmitirnos non só as pezas, senón tamén esa enerxía, ese lume interior co que xa iluminaban os encontros de décadas atrás.

Tiruleque potencia a enerxía hipnótica da pandeireta co trance das liñas de baixo, combina o brillo da gaita coa forza do metal e mestura a percusión tradicional coa moderna… coa particularidade de ser sempre fiel ao espírito verdadeiro das músicas, sen artificios innecesarios, respectando o seu sentido orixinal dentro da foliada, para cantar e bailar como sempre se fixo.

Entradas
Prezo: anticipada 12,00 € en caixa 15,00 €

Hora

25 febreiro, 2026 12:57(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events