>

17xuñ20:00Medalla a Fernando FrancoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

A Asociación Évame Oroza entrega este mércores 17 de xuño a Medalla Évame Oroza a Fernando Franco, nun acto de recoñecemento á súa traxectoria profesional, á súa sensibilidade artística e á súa contribución á cultura galega.

O acto terá lugar ás 20:00 horas, no exterior da sede da asociación, nun encontro aberto á cidadanía que contará coa participación de diversas figuras do ámbito cultural e xornalístico, entre elas María Xosé Porteiro, Mar Mato e o escritor Fernando A. Fernández Domonte, baixo a moderación de Xabier Romero, presidente da entidade.

A homenaxe comezará cunha benvida institucional na que se lembrará o proceso de concesión da medalla, inicialmente previsto para abril e adiado tras o falecemento do homenaxeado no mes de marzo. A distinción será finalmente recollida pola súa familia.

Durante o acto proxectarase un vídeo con fragmentos dunha entrevista a Fernando Franco, no que reflexiona sobre o amor e a morte, acompañado de imaxes da súa vida e do seu proceso creativo. Esta peza dará paso a un coloquio centrado na súa figura e legado.

Tras a conversa, procederase á entrega da medalla, que será realizada polo presidente da asociación, quen explicará os motivos do recoñecemento. Ademais, Fernando Franco será nomeado socio de honra a título póstumo.

Como peche, as persoas asistentes recibirán un caderno conmemorativo editado pola propia asociación.

Hora

17 xuño, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events