>

27abr19:00 Maxia X AniversarioESPECÁCULOS | -19:00(GMT+02:00) Auditorio da OMD Teis

Detalles do eventos

A Asociación de Magos e Ilusionistas Vigueses celebra o seu décimo aniversario por todo o alto con moita maxia.

A data será o sábado 27 de abril ás 19:00 no Auditorio da Oficina Municipal de Distrito de Teis, e contará con nada menos que oito magos e magas da Asociación que darán todo para que o público se divirta e se sorprenda.
Dende a súa fundación en 2014, a AMIV ten como obxectivo a difusión e posta en valor da maxia, e ser un punto de encontro para ilusionistas amadores e profesionais de Vigo e da contorna. A AMIV tamén organiza eventos de maxia en colaboración con outras entidades e asociacións, así como conferencias formativas da man de magos e magas de renome nacional e internacional.

Hora

27 abril, 2024 19:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio da OMD Teis

Rúa Maceiras, S/N, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events