Max & Bull + Kalokoro Teke

29abr23:00Max & Bull + Kalokoro TekeCONCERTOS | Desde 6,00€23:00(GMT+02:00) Cervecería Miguel

Detalles do eventos

O sábado 29 de abril ás 23:00 horas na Cervexería Miguel de Canido (Camiño dos Liñares, 6, Oia, Pontevedra) Max & Bull e Kalokoro Teke ofrecerán un concerto no que a experimentación, o post rock e a electrónica serán protagonistas. Anticipadas á venta por 6€, billeteira 8€.

Max & Bull é un inclasificable dúo instrumental vigués. Está formado por Nacho Araújo (batería) e Iñaki Blanco (guitarra, sinte, bases e visuais). Bebe de fontes como o rock, a electrónica IDM ou o live looping. Dándolle ó proxecto un carácter moi persoal. Mestura pesados riffs de guitarra con baterías potentes e bases electrónicas e atmosféricas. Paisaxes sonoras que afloran a base da superposición do mundo analóxico co dixital. Acompañando á música e creando un fío condutor paralelo, contan cos visuais de Iñaki Blanco, creando unha atmosfera única.

Kalokoro Teke é un proxecto de música electrónica experimental que mestura a nostalxia e a innovación para crear unha experiencia musical evocadora. Influenciado polos synths dos oitenta, a música descritiva e os temas máis escoitados nos mellores elevadores do mundo. “Canciones para tiempos de Extinción” (traballo formado por varios EPs) combina elementos familiares e novas tendencias, co que pretende chegar ós fans da música electrónica como a novas audiencias que buscan unha oferta musical diferente.

Máis

Hora

(Sábado) 23:00(GMT+02:00)

Localización

Cervecería Miguel

CAMIÑO LIÑARES,6, 36390 Vigo, Spain

Other Events