REVISTA FEBREIRO

Maud the Moth

01xuñ21:30Maud the MothCONCERTOS | Desde 10,00€21:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

MAUD THE MOTH é o proxecto en solitario de Amaya López-Carromero: pianista, cantante e compositora española radicada en Escocia e cun forte impulso independente. Maud the Moth invoca unha entidade imaxinaria a través da cal explorar e procesar experiencias vitais e en particular, temas de desarraigamento, identidade e trauma interxeracional. Estilisticamente, o traballo de Amaya bebe igualmente da súa formación clásica como do seu transfondo no underground para construír cancións eclécticas e que eluden etiquetas. Os seus catárticos directos fan uso de loops, pianos distorsionados e efectos para tecer tapices sonoros impulsados por unha voz enigmática e profundamente conmovedora.

Entradas

Máis