VIALIA
bannerPicnicSesions

"MATRIAS ILLADAS" de Neves Seara e Tamara Andrés

11nov(nov 11)17:00"MATRIAS ILLADAS" de Neves Seara e Tamara AndrésARTE E MUSEOS | De balde17:00(GMT+01:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

Matrias illadas é proxecto artístico multidisciplinar artellado por Neves Seara, artista plástica e performer, xunto a Tamara Andrés, poeta, tradutora e investigadora.

Na mostra pode verse unha selección de fotografías e poemas, e algúns dos obxectos usados para crear esas imaxes.

As imaxes que se expoñen no museo foron tomadas en diferentes lugares de Galicia relacionadas coas ancestras das creadoras —as ‘Matrias‘—, e foron concibidas como homenaxe a elas e a súa herdanza.

As fotografías recollen costumes, usos cotiás e historias de mulleres que foron illadas e asoladas polo seu destino, pero as que a poeta e a artista buscaron ofrecer neste proxecto unha homenaxe artística pero tamén un desenlace simbólico de liberación para cada unha desas mulleres atrapadas na súa realidade ou na narrativa que se transmitiu de xeración en xeración.

Por todas esas historias e mulleres silenciadas polo costume, polo destino ou polas circunstancias.

O Museo do Mar acolle o proxecto nunha estrutura illada construída a propósito para albergar as obras fotográficas e os versos de Matrias Illadas, que son a columna central do proxecto.

Todas as persoas que veñan a visitar a exposición poderán recoller de balde o seu catálogo (ata esgotar existencias)

Matrias illadas é un proxecto realizado ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022 promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A través do seu perfil de Instagram pode seguirse toda a actividade do proxecto. (@matriasilladas)

HORARIOS (ata o 25 de novembro)

De martes a venres de 10:00 a 14:00 / 16:00 a 19:00

Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 / 17 a 20:00

Máis

Hora

11 (Xoves) 17:00(GMT+01:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events