Maternidade homoparental – A Movida

novembro, 2018

20nov19:00Maternidade homoparentalCONFERENCIA | De balde 19:00 Hospital Vithas Fátima

Máis

Detalles do evento

“Maternidade homoparental” é o título da conferencia do próximo martes 20 de novembro ás 19 h que ofrecerán a Dra. Naira Gonzalez, xinecóloga de Vithas Fertility Center, D. Óscar Gutierrez Costas, avogado en Sarabia Avogados e Dna. Soledad Torres, integrante da xunta directiva de Nos Mesmas e profesora na Universidade de Vigo, ás 19.00 no Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima.

A charla do próximo martes 20, que se centrará na maternidade homoparental, a xinecóloga Naira Gonzalez, falará das técnicas de reprodución asistida máis apropiadas para estes casos, D. Óscar Gutierrez, avogado de Sarabia Avogados, tratará temas legais ao redor dos dereitos da muller non gestante, e, por último, Dna. Soidade Torres, integrante da xunta directiva de Nos Mesmas, presentará experiencias e testemuños reais.

Ademais, está previsto un amplo debate onde as asistentes poderán expor as súas dúbidas aos profesionais presentes. Dita charla é de acceso gratuíto previa inscrición no correo jornadasfatima@vithas.es, ou no teléfono 986 901 975. As prazas son limitadas ata completar o aforamento.

 

Hora

(Martes) 19:00

Lugar

Hospital Vithas Fátima

Rúa da Vía Nte., 48 - Planta, 4ª, 36206 Vigo, Pontevedra

X