
Detalles do eventos
“As mulleres con emprego e fillospequenos son o colectivo que máis está a sufrir o impacto na saúde mental e emocional durante a pandemia” podíase ler na portada
'Maternidad, cuidados y COVID' de Sabela Losada
“As mulleres con emprego e fillospequenos son o colectivo que máis está a sufrir o impacto na saúde mental e emocional durante a pandemia” podíase ler na portada dun xornal español o día 4 de xuño de 2020. O artigo facía referencia a varios estudos que destacaban que no confinamento as mulleres non só tiñan que traballar e coidar das súas criaturas, senón que a miúdo debían tamén facilitarlles o traballo/teletraballo ás súas parellas e encargarse do seguimento da educación das súas fillas e fillos, ata o punto de sentir que estaban “todo o día traballando”.
Esta investigación de Sabela Losada Cortizas (politóloga, xestora cultural e docente en igualdade e violencia de xénero) analiza o impacto que sobre as mulleres nais tiveron tanto a actual crise sanitaria produto da infección por SARS- CoV-2 como as medidas que se implementaron a nivel político, económico, sanitario e social en España fronte á mesma, durante o estado de alarma de 2021.
Máis

(Martes) 19:00
Biblioteca Juan Compañel
Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra