11out17:0021:30Matamá celebra esta fin de semana a Festa da Recolleita e o MagostoAS NOSAS FESTAS | De balde17:00 - 21:30(GMT+02:00) Matamá

Detalles do eventos

O vindeiro sábado celebrarase en Matamá a Festa da Recolleita e Magosto. A xornada comezará cunha andaina para ir buscar o millo co carro de bois, recuperando así unha tradición do pasado, e continuará cun encontro comunitario no que se esfollará o millo entre todas as persoas participantes.

A saída da andaina está prevista para as cinco da tarde dende o lugar da festa, nun pequeno percorrido duns dous quilómetros que incluirá a visita a paraxes tan fermosas como a Barxa das Pedras.

Pola tarde haberá magosto, esfollada do millo e as actuacións de Folieiros, Peter Punk e O’Leo de Matamá.

Hora

11 outubro, 2025 17:00 - 21:30(GMT+02:00)

Localización

Matamá

Rúa de Manuel Cominges, 18, 36213 Vigo, Pontevedra

Other Events