Más que Tribus
17nov20:00Más que TribusARTE E MUSEOS | De balde20:00(GMT+01:00) Centro Cultural de Beade
Detalles do eventos
A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de
Detalles do eventos
A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público “Más que Tribus”, de Pilar Iglesias Mira (Pimira).
Nesta exposición quere amosar dúas facetas artísticas, de aí o título da mostra. A primeira é unha serie de pinturas de mulleres de diferentes etnias realizadas en óleo e collage sobre madeira ou lenzo, nas que destaca a cor e a diversidade de adornos e maquillaxes considerados unha verdadeira arte da beleza e a pertenza social. A segunda é un conxunto de impresións sobre papel de motivos mariños, principalmente peixes, sepias, polbos, etc. feita coa técnica denominada Gyotaku realizada con tinta china. O gyotaku (gyo “peixe” e taku “fregar”) é un método tradicional artístico orixinario do Xapón que data de mediados de 1800. Esta forma de impresión natural foi empregada polos mariñeiros que querían ter un rexistro das súas mellores capturas.
Encontro inaugural aberto ao público:
O venres 17 de novembro ás 20H. terá lugar un encontro inaugural coa artista na Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade.
Máis
Hora
17 novembro, 2023 20:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Mes actualoutubro
Séguenos nas redes