
Detalles do eventos
Ata o 28 de xaneiro O Museo do Mar de Galicia acolle desde outubro “A imaxinación no interior dun estudio: o fondo
Detalles do eventos
Ata o 28 de xaneiro
O Museo do Mar de Galicia acolle desde outubro “A imaxinación no interior dun estudio: o fondo Mary Quintero no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra”, unha mostra formada polas imaxes da fotógrafa lucense afincada en Vigo.
O Museo, en colaboración co Arquivo Histórico de Pontevedra, onde Mary Quintero depositou parte da súa obra, mostran, a través desta exposición, 50 fotografías e negativos asociados desta recoñecida fotógrafa pioneira na súa época, así como fotos, planos e información sobre a xestión documental que realiza nos seus fondos o arquivo.
Estas imaxes retratan a sociedade viguesa desde os anos 40 do século pasado ata comezos deste milenio, cando decidiu xubilarse en 2002. O seu estudio na rúa Urzáiz foi visitado ao longo de todas estas décadas por milleiros de persoas que de seguro gardan con agarimo en casa os seus retratos. De feito, nos últimos días diversas persoas da cultura están a compartir en redes sociais algunhas das fotografías que lles tomou Quintero.
Día | Horario |
Luns | Pechado |
Martes a venres | 10-14 e 16 a 19 |
Sábados, domingos e festivos | 11-14 e 17-20 |
Máis
Hora
26 outubro, 2023 10:00 - 28 xaneiro, 2024 18:00(GMT+02:00)
Localización
Museo Mar de Vigo
Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual