>

05set21:00Mary OcherCONCERTOS | Desde 8,00 €21:00(GMT+02:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

A cantante de pop experimental rusa Mary Ocher volve a España despois de 7 anos, actuando por primeira vez en Vigo. O 5 de setembro, a sala Radar Estudios acolle a actuación desta cantante, que visitará outros lugares de España na súa xira Crisis Artist, tras percorrer outros países como Estados Unidos ou Nova Zelandia. A artista mestura o folk psicodélico, a electrónica atmosférica, letras cargadas de mensaxe, art pop, e outras prácticas performáticas coas que xoga nos seus directos.

O seu espectáculo en Vigo será de carácter íntimo, cun aforo limitado. As entradas anticipadas custan 8,00 € + gastos de xestión, e 10,00 € na porta.

ENTRADAS

Hora

5 setembro, 2025 21:00(GMT+02:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events