REVISTA FEBREIRO

Maru e amigos

21out12:30Maru e amigosCONCERTOS | 8,00€12:30(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

Maru Gutiérrez presenta o seu proxecto “RAÍZ” ,primeiro disco en solitario de cancións que reivindican a importancia de darlle vida a todos eses lugares descoñecidos en nós e que fan que nos reencontremos coa nosa verdadeira esencia.

A súa música ten influencia de diferentes estilos musicais nos que a improvisación está sempre presente.

A artista conta que na súa busca topouse con todo aquelo que se agarra na nosa memoria, o que nos contan, o que lembramos. Historias do pasado que constrúen a nosa identidade e que conforman a nosa personalidade.

Dende nena a música acompañou a Maru. a súa formación máis significativa tivo lugar na escola de música moderna e jazz do Liceo de Barcelona (piano e voz) e a escola de jazz Ool Ya Koo de Granada, onde continúa os seus estudos musicais actualmente.

A súa carreira está centrada na interpretación vocal, aínda que é unha artista multidisciplinar inclinada ás artes escénicas e que sinte unha grande paixón pola música, o teatro e a danza.

Acompañada por varios instrumentos, como a guitarra e o piano transpórtanos a diferentes mundos musicais e sons de raíz nunha viaxe singular en cada un dos seus concertos.

Esta vez actuará acompañada de compañeiros músicos de viaxe e locais, creando unha colaboración moi especial.

Máis

Hora

21 outubro, 2023 12:30(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events