
06xuñ21:30Marta VidalCONCERTOS | Desde 12,00 €21:30(GMT+02:00) Sala Supersonic
Detalles do eventos
Desde este mércores 4 de xuño xa sabemos como soa AUGURIO, o primeiro disco en solitario de marta vidal (en minúsculas), grazas ao lanzamento do sinxelo ‘supertramp 2009’.
Detalles do eventos
Desde este mércores 4 de xuño xa sabemos como soa AUGURIO, o primeiro disco en solitario de marta vidal (en minúsculas), grazas ao lanzamento do sinxelo ‘supertramp 2009’. Este tema de pop contemporáneo, gravado en Cruz del Sur Estudo (Vigo) por Sergio M. Puga e mesturado e masterizado por Luis Antelo en Estereoarte Estudos (Vigo), incorpora desde percusións cubanas gravadas directamente na Habana ata chiscadelas ao funk dos anos setenta, todo iso envolto nunha estética sonora e visual refinada e coherente. A cantante e compositora viguesa aposta tanto pola sensibilidade emocional como pola calor do baile.
As persoas que quedasen con ganas de máis teñen este venres 6 de xuño ás 21:30 h a oportunidade de ver a Marta en directo na Sala Supersonic (rúa Fermín Penzol, 6), acompañada por Sergio M. Puga ao baixo, Luis Ramos na percusión, Raúl López na batería e Pablo Leira ao piano e guitarra. Esta será a primeira vez que se poidan escoitar os seus novos temas coa banda ao completo, tras esgotar as entradas o pasado mes de decembro na presentación acústica deste novo proxecto. Durante o evento interpretará as cancións do seu álbum debut, fusionando o pop coa percusión latina e melodías influenciadas polo R&B e o funk. As entradas xa están á venda en Entradium.com desde 12 euros.
A pesar de ser o seu debut en solitario, marta vidal non é unha recén chegada ao mundo da música. Antes de iniciar a súa carreira en solitario, liderou o grupo vigués Tinta, co que realizou varias actuacións dentro da programación cultural do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra. En 2019, o grupo foi galardoado como o mellor grupo novel da cidade no certame “Vigo en Vivo”, un concurso destinado a dar visibilidade e recoñecemento a artistas locais. O premio supuxo un importante impulso á súa traxectoria musical e desde ese momento deu concertos en festivais como o Terraceo, Solpor Monteferro ou Felicia Pop e na maioría das salas da cidade.
Máis
Hora
6 xuño, 2025 21:30(GMT+02:00)
Localización
Sala Supersonic
Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxuño
- Mes actual