Marta Riera – A Movida

decembro, 2018

01dec19:3031xan(xan 31)20:30Marta RieraEXPOSICIÓN | De balde19:30 - (xaneiro 31) 20:30 Silvia & Guy Studio

Máis

Detalles do evento

O vindeiro sábado 1 de decembro terá lugar a inauguración da nova exposición de Marta Riera, autora da primeira historia de ilustracións de moda en España.
Esta mostra inclúe as ilustracións máis icónicas de 200 anos de ilustración de moda en España, unha obra que repasa o papel da ilustración como vehículo de transmisión de tendencias e propostas. Unha publicación de referencia que analiza a ilustración de moda no noso país a través da súa vertente histórica e artística.

Estarán expostas as súas ilustracións inspiradas nos anos 60, con Gruau á cabeza, pero tamén artistas españois fantásticos e rompedores como García Benito ou Sáenz de Tejada. “En xeral, a ilustración art deco paréceme totalmente inspiradora e hedonista, un aspecto totalmente unido á moda”, declara Marta.
Marta Rise colabora con diversos estudos de deseño e varias editoriais nacionais, é profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e en Esdemga, ademais de ser directora de arte da marca Galifornia, un proxecto que busca proxectar unha imaxe positiva da franxa atlántica, a nivel paisaxístico, cultural, tecnolóxico, empresarial… mediante soportes de merchandising e moda de produción cento por cento local.

Ademais dos seus propios deseños, Galifornia promociona o deseño de mozos creadores locais, contribuíndo á creación de riqueza e emprego rexional. A inaguración estará amenizada coa música en directo do cantautor Isaac Garabatos e os cocktails de Varadero.

Hora

Decembro 1 (Sádado) 19:30 - Xaneiro 31 (Xoves) 20:30

Lugar

Silvia & Guy Studio

Plaza de Compostela nº23 bajo derecha, 36201 Vigo, PO

X