
MARTA FERNÁNDEZ-TAPIAS
Detalles do eventos
A planta baixa da Delegación Territorial da Xunta en Vigo acollerá ata o vindeiro 31 de outubro a exposición itinerante da Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama
Detalles do eventos
A planta baixa da Delegación Territorial da Xunta en Vigo acollerá ata o vindeiro 31 de outubro a exposición itinerante da Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e xinecolóxico (Adicam). Unha mostra que este mediodía era inaugurada pola delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.
Marta Fernández-Tapias aproveitou a oportunidade para loar o traballo desenvolvido por esta asociación desde o ano 2000, “a vosa loita é nosa”, dixo, en clara referencia ao obxectivo común de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua para conseguir que as mulleres afectadas polo cancro de mama teñan unha mellor calidade de vida e benestar.
A mostra que desde hoxe colga das paredes da zona de exposicións da Delegación Territorial a configuran 22 acuarelas ao óleo e debuxos a carboncillo que exaltan a figura da muller. Todas as pezas pertencen á colección propia de Adicam, composta polos primeiros premios do certame de pintura que anualmente celebra a asociación así como diversas doazóns, coa muller como figura principal. Nalgunhas delas converxe a temática do cancro de mama.
Máis
Hora
2 (Venres) 09:00 - 31 (Sábado) 20:00
Localización
Edificio Administrativo da Xunta
Rúa Concepción Arenal 9, Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes