>

15nov21:3021:59Momentos Alhambra Acustiquísimos: MarlenaCONCERTOS | Desde 25,00 €21:30 - 21:59(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

Este outono regresa a Galicia o ciclo de concertos en acústico Momentos Alhambra Acustiquísimos, unha das citas musicais imprescindibles de cada nova tempada. Marlena, Christina Rosenvinge, Zahara e La Habitación Roja –en formato dúo– protagonizan o cartel desta oitava edición de directos únicos e irrepetibles, nos que, como xa é habitual, primarán a calidade sonora e a experiencia próxima para o público. Deste xeito, do 15 ao 29 de novembro, Momentos Alhambra Acustiquísimos regresa a catro grandes cidades galegas –Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo– da man de catro proxectos únicos que marcaron o ritmo das últimas xeracións.

Así mesmo, esta nova tempada de directos de Momentos Alhambra Acustiquísimos, que ofrecerá un ano máis experiencias sonoras únicas e próximas, incorpora, de novo, a gastronomía ao seu cartel. E faino da man dalgúns dos chefs Alhambra máis recoñecidos de Galicia, que servirán tapas de autor en cada directo. As entradas para os catro concertos do ciclo sairán á venda o luns 8 de setembro, ás 11.00h, a través da plataforma en liña Ataquilla.com.

Este 2025, os directos de Momentos Alhambra Acustiquísimos concentraranse en tres fins de semana. Para abrir boca, Marlena, o dúo revelación da música española dos últimos tempos, abrirá o ciclo en Vigo en acústico, no Hall do Teatro García Barbón, o sábado 15 de novembro, ás 21.30h, a ritmo de exitosos temas como Me sabe mal, xa dobre disco de platino, Gitana, Muñequita de cristal, bailamorena ou Último baile. Tras arrasar na Sala La Riviera de Madrid e conseguir o seu segundo disco de ouro, Marlena chega agora este outono a Momentos Alhambra Acustiquísimos para presentar en directo, en acústico, as cancións do seu novo disco. En Vigo demostrará, sen dúbida, por que está considerada como unha das troupe con máis proxección e carisma da nosa actual escena.

CICLO DE CONCERTOS

Marlena
Sábado 15 de novembro
21.30h
Hall Teatro Afundación (Vigo)

Christina Rosenvinge
Viernes 21 de novembro
21.30h
Salón Atlántico de Árbore da Veira (A Coruña)

Zahara
Sábado 22 de novembro
21.30h
Patio de Cristal do San Francisco Hotel Monumento (Santiago)

La Habitación Roja
Sábado 29 de novembro
21.30h
Círculo de las Artes (Lugo)

Entradas

Hora

15 novembro, 2025 21:30 - 21:59(GMT+01:00)

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events