Marín é música: Rayden

09out20:30Marín é música: RaydenCONCERTOS | 15,00 €20:30(GMT+02:00) Parque Azul

Detalles do eventos

A península do Morrazo conta, desde este outono, cun novo evento cultural: a primeira edición de Marín é música celebrarase o sábado 9 de outubro e contará co poeta e rapeiro madrileño Rayden como cabeza de cartel. 

A iniciativa, impulsada por PlayPlan Cultural coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e do programa Xacobeo 21-22, pretende dinamizar o territorio con actividade musical durante o outono a través dunha cita que se presenta como imprescindible na axenda desta tempada: será o único concerto que Rayden ofreza en Galicia neste 2021. A actuación, que terá lugar no Parque Azul de Marín, será o escaparate de presentación do seu último e exitoso álbum de estudio, Homónimo. O cartel do evento, que se deu a coñecer esta mañá no Museo Municipal Manuel Torres de Marín, péchase co directo de García Mc & Nación Quilombo, nunha noite vibrante que porá o foco na palabra. As entradas para acceder ao concerto, que será de pé, teñen un custo de 15€ (máis gastos de xestión)

A apertura de portas no recinto situado no Parque Azul, un espazo emblemático de Marín, será ás 19.30 horas e, unha hora máis tarde, os versos de García Mc -antigo membro de Dios ke te Crew- e a fusión cos ritmos do mundo de Nación Quilombo ofrecerán un espectáculo trepidante e innovador no marco do rap en galego. García Mc dará paso outro creador áxil e audaz, como é Rayden. 

O madrileño presentará ao vivo, por primeira vez en Galicia, o seu sexto e último disco, Homónimo, no que se inclúen temas como La mujer cactus y el hombre globo ou El mejor de tus errores, con Alice Wonder. Con este álbum, Rayden pon fin á súa triloxía musical sobre a palabra (Antónimo, Sinónimo, Homónimo). O artista, autor de himnos como Matemática de la carne, ou Haz de luz (cuxo videoclip suma case nove millóns de reproducións no Youtube), destaca pola súa capacidade á hora de fusionar xéneros musicais ademais do toque lírico das súas letras. 

Este ano o creador, que ten colaborado en anteriores ocasións con artistas como Iván Ferreiro, Bely Basarte ou Rozalén, regresa á península do Morrazo nunha das últimas actuacións que ofrecerá ao vivo de 2021. Precisamente este outono, o 6 de novembro, pechará a xira cun espectáculo en Madrid de celebración dos seus 20 anos de traxectoria sobre os escenarios.

Máis

Hora

(Sábado) 20:30(GMT+02:00)

Localización

Parque Azul

36915 Marín, Pontevedra

Other Events