>

11xuñ(xuñ 11)11:0027set(set 27)14:30Mariana Gomes, unha das voces da arte contemporánea portuguesaEXPOSICIÓNS |De balde(xuño 11) 11:00 - (setembro 27) 14:30(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

O MARCO inaugura o vindeiro 11 de xuño unha exposición dedicada á artista portuguesa Mariana Gomes (Faro, 1983), unha das creadoras máis destacadas da súa xeración. A mostra reúne unha selección de obras que permiten percorrer a súa particular forma de entender a pintura, sempre en constante transformación, combinando abstracción, xesto, debuxo e experimentación. Ao longo da súa traxectoria, Gomes asinou exposicións individuais como Time Smoking a Picture, Neo-Pós-Neo, Solilóquio ou Stop Making Sense!, consolidando unha carreira recoñecida tanto en Portugal como no ámbito internacional.

A artista concibe a pintura como unha busca aberta na que teñen cabida o xogo, a máscara, o humor e a transgresión. Nas súas obras, as referencias culturais e literarias conviven cunha forte presenza da materia, das sombras e dos procesos de creación, dando lugar a pezas nas que o importante non é só a imaxe final, senón tamén o propio acto de pintar. A exposición poderá visitarse ata o 27 de setembro no MARCO, en horario de martes a sábado de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:30 horas.

Hora

11 xuño, 2026 11:00 - 27 setembro, 2026 14:30(GMT+02:00)