Marga Reguenga – A Movida

novembro, 2018

20nov21:0020dec22:00Marga ReguengaEXPOSICIÓN TEMPORAL | De balde(novembro 20) 21:00 - (decembro 20) 22:00 El Rincón de los Artistas

Máis

Detalles do evento

Marga Reguenga é unha pintora viguesa que durante os últimos anos desenvolveu a súa actividade artística de forma máis ou menos permanente, colgando os seus óleos e acrílicos en salas importantes da cidade.
Chega unha vez máis a El Rincón de los Artistas, mostrándonos outra faceta do seu persoal estilo. Figuras galegas plasmadas en lenzo e madeira, con alegría e movemento, con cores directos e rostros inacabados que deixan voar a imaxinación do observador.
É un excelente momento para facerse coa obra desta magnífica pintora, en datas próximas ás festas e pensando que regalar pintura é sementar arte e cultura.

DURACIÓN: a obra permanecerá exposta desde o martes 20 de novembro ata o 20 de decembro.

Hora

Novembro 20 (Martes) 21:00 - Decembro 20 (Xoves) 22:00

Lugar

El Rincón de los Artistas

Rúa de Bolivia, 41, 36204 Vigo, Pontevedra

X