Marem Ladson – A Movida

setembro, 2018

28set21:00Marem LadsonCONCERTO | Desde 8,00€21:00 Radar Estudios

Máis

Detalles do evento

Marem Ladson presentará o seu primeiro disco en Vigo acompañada da súa banda .
Non é un disco normal. Resulta bastante incrible que alguén grave un primeiro disco con apenas 19 anos e presente este nivel de imaxinación compositva, profundidade nas letras e capacidade de interptetación. Pero é que case nada na vida de Marem Ladson resulta moi normal. O seu precoz talento, a súa seguridade sobre o escenario, a madurez coa que controla cada aspecto da súa carreira sorprenden inmediatamente. Esta aparición estelar foise forxando en presenzas en escenarios e festvales coma se tal cousa. Con apenas un single ( All My Storms, 2017) chamou a atención de medios e programadores, catalogando á galega/estadounidense -nai de Ourense, pai de Nova York, xogador de baloncesto que veu xogar a España- como unha das promesas máis frmes do panorama musical. Esa promesa faise realidade no seu disco de debut homónimo. Composto por once cancións que se pasean polo pop, o rock e o folk e gravado da man de Brian Hunt e Juan Diego Gosálvez en El Invernadero (Madrid), soa inquieto, ambicioso, especial. Hai espazo para jitazos como Shades of Blue, primeiro adianto do elepé; tamén para clásicos instantáneos como Everything I’ve Ever Lost ( Is Coming Back); elegantes e emocionantes cancións introspectvas ( For and About, My Corazón) e pezas que insinúan que o futuro camiño creatvo de Marem será apaixonante ( Coming Home, Losing Control). Temas que falan de autoafrmación, do paso a vida adulta e de ser unha muller adolescente. Non é un disco normal.

Prezo: 8€ anticipada / 12€ na entrada

Hora

(Venres) 21:00

Lugar

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

X