#Marcoconversas: Bosco Caride. Indicios
Detalles do eventos
Tras a presentación das súas publicacións máis recentes o pasado 30 de outubro, o MARCO continúa as actividades de difusión da súa liña editorial con
Detalles do eventos
Tras a presentación das súas publicacións máis recentes o pasado 30 de outubro, o MARCO continúa as actividades de difusión da súa liña editorial con dúas novas achegas do ciclo #MARCOconversas / #MARCOtalks, no que artistas participantes nas exposicións comparten co público asistente a súa experiencia e traxectoria, nun ton aberto e participativo.
Esta semana chega da man de Manuel Vilariño e de Bosco Caride, que participarán en dous encontros organizados no Círculo de Bellas Artes de Madrid e no MARCO, respectivamente, xunto co director do Museo, Miguel Fernández-Cid.
O fío condutor serán o catálogo Bosco Caride. Indicios –ao redor da mostra que aínda pode visitarse no Museo– e o libro Eloxio do confín, de Manuel Vilariño, que tivo a súa orixe na exposición do artista no MARCO en 2020.
Máis
Hora
15 novembro, 2024 19:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes