CANS

13mar20:00MARCHO QUE TENHO QUE MARCHAR DE INVENTI TEATROESPECTÁCULOS | De balde 20:00(GMT+01:00) A Morada

Detalles do eventos

Un espectáculo que combina historias entretidas con espazos para pensar nos roles e nas desigualdades de xénero. Un cesto de historias protagonizadas por mulleres que eran feministas sen sabelo: desde meigas artúricas ata avoas misteriosas.

“Na miña casa está moi mal visto falar do que sucede na familia… Pero que facer cando diante túa acontecen cousas incribles? Calar para sempre… ou crear un divertido espectáculo de narración oral? Iso si… tédesme que gardar o segredo, porque todo o contado sucedeu de verdade!”

Inventi Teatro é unha compañía formada por Bea Campos e Marcos Alonso, un dúo teatral cómico que inicia a súa andaina en 2017. Co humor, o clown e o movemento como linguaxe, crean espectáculos para toda a familia onde a diversión está garantida.

Hora

13 marzo, 2026 20:00(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events