GFFF

‘Maratón’ de proxeccións YANNICK BELLON

16xuñ(xuñ 16)11:0018(xuñ 18)14:30‘Maratón’ de proxeccións YANNICK BELLONACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00 - 14:30 (18)

Detalles do eventos

En resposta ás peticións e suxestións do público, esta fin de semana as persoas interesadas na obra da cineasta terán unha derradeira oportunidade de asistir ás proxeccións no MARCO (Galería A3, planta baixa).

De familia comprometida coas ideas progresistas e o mundo da cultura, Yannick Bellon (Biarritz 1924 – París 2019) dáse a coñecer cando a súa curtametraxe Goémons (1948) obtén o Gran Premio da Bienal de Venecia. 70 anos despois, pecha a súa filmografía con D’où vient cet air lointain?

Entre ambas as dúas, unha secuencia de marabillosas historias e reflexións, sempre vencelladas a unha mirada comprometida coa súa época e coa súa condición de muller: unha arquitecta que axuda a un aprendiz de novelista a apartarse do alcohol (Quelque part quelqu’un, 1972); un filme clave no pensamento feminista sobre unha muller que reivindica o seu espazo propio (La femme de Jean, 1974); a memoria a través dos obxectos en poxa dunha actriz (Jamais plus toujours, 1976); a violación (L’amour violé, 1978); a felicidade truncada por un cancro de mama (L’amour un, 1981); a bisexualidade (La triche, 1984); as drogas e a prostitución (Les enfants du désordre, 1989); a defensa da natureza fronte á caza (L’affût, 1992); unha sorte de autorretrato que o é dunha época intensa: o ámbito surrealista, a Guerra Civil española, a II Guerra Mundial, a vida paralela do cinema… (D’où vient cet air lointain?, 2018).

PROGRAMA

VENRES 16 xuño

De 17.00 a 21.00

Goémons (29’); Colette (20’); Un matin comme les autres (29’); Zaa, petit chameau blanc (28’); Les enfants du désordre (100’) VOSE

SÁBADO 17 xuño

De 11.00 a 14.30

La femme de Jean (108’); L’amour violé (115’) VOSE

De 17.00 a 21.00

Lámour nu (106’); La triche (102’) VOSE

DOMINGO 18 xuño

De 11.00 a 14.30

Quelque part quelqu’un (98’); D’où vient cet air lointain (90’) VOSE

Máis

Hora

16 (Venres) 11:00 - 18 (Domingo) 14:30

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra