CAMELIAS NADAL

17nov19:30Meet & Grid con Carla Varela e Belén GómezACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

En Chachacha Studio levaban tempo dándolle voltas á idea de organizar un faladoiro de deseño. Sen grandes pretensións nin formalismos: simplemente o desexo de xuntarse, coñecer o traballo de deseñadorxs e estudos que fan cousas moi interesantes e compartir conversas inspiradoras arredor do oficio.

Deste xeito nace o Meet & Grid, un encontro mensual que terá lugar cada terceiro luns de mes na Galería Maraca (Vigo). Será un espazo aberto e relaxado no que falar de procesos, referentes, aprendizaxes e de todo aquilo que non sempre cabe nas presentacións ou nas redes.

O primeiro Meet & Grid celebrarase o luns 17 de novembro ás 19:30 h e contará con dúas convidadas de luxo:

  • Carla Varela, directora creativa de Brava Studio,

  • Belén Gómez de las Heras, directora de deseño en Costa.

Dúas profesionais con traxectorias moi distintas pero cun punto en común: a paixón polo deseño e a vontade de facer as cousas con sentido e personalidade.

A entrada será libre ata completar aforo. Un plan perfecto para iniciar a semana con ideas frescas, boas conversas e unha boa dose de inspiración colectiva.

Hora

17 novembro, 2025 19:30(GMT+01:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events