VEGANA

Mapeado histórico. Roteiro sobre a Memoria LGBT+ galega

02xuñ19:30Mapeado histórico. Roteiro sobre a Memoria LGBT+ galegaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Praza de Portugal

Detalles do eventos

Como cada mes de xuño, a Asociación Nós Mesmas prepara unha extensa e variada programación baixo o título Orgullo Crítico coa que busca visibilizar ao colectivo LGTB+, tecer redes e celebrar o Día Internacional do Orgullo LGBT. A efeméride que ten lugar 28 de xuño.

Este venres 2 de xuño ás 19:30 con saída desde a Praza de Portugal organizan un mapeado histórico: Roteiro sobre a Memoria LGBT+ galega.

Percorrido:

1. Saída da Praza Portugal: Onde falaremos principalmente da primeira manifestación do Orgullo en Galiza, o 28 de xuño de 1981. Tamén comentaremos o ambiente na zona, e o das agresións recentes.

2. Marco: onde falaremos de varias manifestacións / concentracións, así como da “bicada contra o odio”.

3. A Casa do libro: onde falaremos da primeira editorial gai en Galiza (Gayga) e aproveitaremos para falar de publicacións LGBT+ na historia galega.

4. O Teatro Circo Tamberlik (en base ao que nos pasaches).

5. Praza porta do sol: lugar de fundación de Nós Mesmas.

6. Rúa Oliva: sede de Legais, polo que falaremos un pouco do traballo da asociación.

7. Alameda: onde faremos unha parada “comodín” (porque senón serían 10 minutos de un sitio e a outro) onde explicaremos outros puntos que non podemos visitar, como a asemblea constituínte de Avante na cova dos ratos (2018), en Castrelos a primeira aparición pública do CCGG (1980) e a “festa/romería” LGBT de 1981, os espectáculos de transformismo de Samil nos 90s.

8. O primeiro “banco” (de sentar) LGBT+ de Vigo (e aproveitar a falar un pouco de políticas públicas LGBT+)

9. Rúa Oporto 1: Apertura do Roy Bleck (1971)

10. Rúa Oporto 2: Asasinato de Julio e Dani no 2006.

Máis

Hora

2 xuño, 2023 19:30(GMT+02:00)

Localización

Praza de Portugal

36201 Vigo, Pontevedra

Other Events