REVISTA FEBREIRO

05feb17:30'Manual para deitarse e... durmir'Pequechos | De balde17:30(GMT+01:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

Moi poucos nenos e nenas hai que se vaian para a cama de boa gana. Normalmente os preliminares a deitarse convértense nun proceso lento e exasperante no que calquera escusa se aproveita para retrasar o temido momento de apagar a luz e durmir. Limpar os dentes, facer pis, poñer o pixama, fantasiar coas sombras da escuridade… convértense cada noite en aventuras que atesourar antes de conciliar o sono.

Neste espectáculo Caxoto regresa a estes intres antes de deitarse e convérteos nunha función de contos chea de aventuras, misterios sen resolver, visitas inesperadas e así gozar dunha viaxe á nosa nenez da man das nosas crianzas.

Dúas sesións: 17:30 e 18:15 h.
Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Hora

5 febreiro, 2026 17:30(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events