BANNER XERAIS

26abr22:00MANU GÓMEZ NEW ORLEANS BAND & PAULA MARTINSCONCERTOS | 10,00 €22:00(GMT+02:00) La Pecera

Detalles do eventos

Manu Gómez New Orleans Band é un grupo de nova formación mais os seus integrantes teñen unha longa traxectoria na escena musical galega de blues e jazz.

Manu Gómez foi membro fundador da Mr. Dixie Jazz Band e leva máis de 30 anos amosando o seu estilo de hot jazz guitar por escenarios de moitos lugares, incluindo Italia e Nova Orleáns.

Paula Martins foi membro fundador de The Big Bottom Band, a primeira banda de blues galega con sección de ventos. A enerxía que sempre puxo no escenario é complementada agora coa sutileza das vocalistas de swing dos anos 30.

Alfonso Camarero foi durante máis de 20 anos o batería e percusionista de Miki Nervio and the bluesmakers, a lendaria banda de blues rural de A Coruña, con máis de 500 concertos ás súas costas.

Quique Pazos pateouse durante anos os escenarios de media Europa coa súa banda The Loveless Cousins. O seu estilo percusivo de tocar o contrabaixo faino perfecto para o rockabilly, pero tamén para o jazz de Nova Orleáns.

Todos xuntos revisan co seu estilo persoal os clásicos de swing dos anos 20-50. Tres son as claves de esta nova banda: A voz, no estilo das lendarias cantantes de jazz como Billie Holliday, o estilo New Orleans, que o guitarrista Manu mistura co do seu ídolo, Django Reindhart, e o SWING, que fai que a música de Manu New Orleans Band, ademáis de para escoitar, sexa sobre de todo para BAILAR.

Máis

Hora

26 abril, 2025 22:00(GMT+02:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events