'Manifiesto de la mirada' de Antón Patiño – A Movida

maio, 2018

02mai20:00'Manifiesto de la mirada' de Antón PatiñoPRESENTACIÓN LIBRO | De balde20:00 Librouro

Máis

Detalles do evento

O Ateneo Atlántico, en colaboración coa Libraría Librouro e Fórcola Ediciones, presenta o libro Manifiesto de la mirada, de Antón Patiño.

O acto terá lugar o mércores 2 de maio, ás 20 horas, na libraría Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo). Debaterán arredor do libro o propio autor, Carmen Hermo e Javier Buján, actuando como presentador Carlos Bernárdez.

‘Vivimos no ruído do mundo, pero necesitamos antídotos fronte a saturación visual: a nosa mirada ten de ser quen de chegar a espazos de silencio. Despois do seu ensaio Todas las pantallas encendidas. Cara a unha resistencia creativa da mirada, Antón Patiño debuxa unha teoría da imaxe sensible e ofrécenos este Manifesto de la mirada para facer da nosa vida unha obra de arte. Deste xeito, centrándose na imaxe e a mirada, descríbenos as claves dos procesos e resortes emocionais que configuran o feito creativo.A arte é un sexto sentido de existencia e a imaxe sensorial apela a unha experiencia creativa onde os sentidos se entrelazan para reinventar o imaxinario. A vida dos sentidos é o principal patrimonio que temos, e Patiño proponnos unha mirada expansiva capaz de albiscar o enigma do real, a partir desta consigna vital: Mirada + Memoria = Visión. A acción artística activa unha decisiva enerxía transversal e configura sinestesias creativas. Poucos espazos como o ámbito artístico asumen o risco da liberdade e a estética como a aventura da mirada irrompe no cotián e remove a nosa memoria, establecendo novos rumbos e trazando percorridos inéditos’. (Da ficha do libro na web de Fórcola Ediciones).

Hora

(Mércores) 20:00

Lugar

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

X