VIII Trail Montes de Vigo
Detalles do eventos
A proba terá lugar o vindeiro sábado 12 de outubro e contará con dúas distancias: 12 e 22 quilómetros. Circulará polos montes de Beade e
Detalles do eventos
A proba terá lugar o vindeiro sábado 12 de outubro e contará con dúas distancias: 12 e 22 quilómetros. Circulará polos montes de Beade e de Bembrive. Tamén está prevista unha andaina familiar polos montes de Beade de 3km, co obxecto de achegar á actividade deportiva o público familiar con menores.
Uxío González, Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, puxo de manifesto na presentación que entre os obxectivos deste evento está promover o coñecemento do uso social dos montes de Vigo, así como lembrar a traxedia vivida en outubro de 2017 na que ardeu un terzo dos montes de Vigo nunha soa xornada.
PROGRAMA DA VIII TRAIL MONTES DE VIGO
Data de realización: sábado 12 de outubro, a partir das 9:00
Inscricións: PREMER AQUI
– Trail 22km: 21,60€ (ata 6 outubro); 24,60€ (ata 8 outubro)
– Trail 12km: 17,60€ (ata 6 outubro); 20,60€ (ata 8 outubro)
Percorrido: terá lugar polos montes de Beade e Bembrive. Ver Wikilock 22km e Wikilock 12km. Ver TRACK 22KM e TRACK 12KM
Participación: Os/As participantes teñen que ter 18 anos, podendo participar tanto federad@s como non federad@s, sendo o requisito mínimo ter un contacto mínimo con trail de montaña.
Categorías: Absoluta masculina e feminina | Master A (18 a 39) | Master B (40 a 49) | Master C (+50)
Regulamento definitivo: PREMER AQUI
Máis
Hora
12 outubro, 2024 09:00(GMT+01:00)
Localización
Parque Forestal de Beade
Parque Forestal Beade, 36312, Pontevedra
Séguenos nas redes