REVISTA NADAL

18dec21:30Mambas NegrasCONCERTOS | Desde 10,00 €21:30(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

Mambas Negras presentan o seu show Tarantino Experience, unha homenaxe a todas aquelas cancións que o famoso director Quentin Tarantino incluíu nas súas películas, bandas sonoras tan recoñecibles e características como os seus filmes.

Ao escoitar clásicos como “You Never Can Tell” de Chuck Berry é imposible non lembrar a escena de baile de Uma Thurman e John Travolta en Pulp Fiction. Quen non lembra á banda de Reservoir Dogs camiñando ao ritmo de “Little Green Bag” ou a tórrida escena de Salma Hayek bailando coa serpe en From Dusk Till Dawn?

Mambas Negras, dentro de Tarantino Experience e formada por reputados músicos da escena viguesa, propón revivir eses momentos que xa son clásicos do cine moderno a través das cancións que forman as bandas sonoras das películas de Tarantino.

Entradas