XERAIS

03mai18:30Esta fin de semana volve a música en directo ao chiringuito da ETEAconcertos | de balde18:30(GMT+02:00) Chiringuito de la ETEA

Detalles do eventos

Os quioscos das praias de Vigo adiantaron este ano o inicio da súa actividade coa chegada da primavera. A nova regulación municipal permite a súa apertura desde finais de marzo, polo que xa están operativos, ofrecendo bebidas, ambiente relaxado, concertos e vistas privilexiadas.

O chiringuito da ETEA, ao pé dos impoñentes edificios abandonados da antiga Escola de Transmisión e Electricidade da Armada, a un paso da ría, arranca esta ponte a programación musical co concerto de Mala Herba o domingo 3. Os atractivos para nos achegar ata este chiringuito son varios. Por unha banda, estamos nunha contorna natural, afastada do tráfico, á sombra do monte da Guía e con acceso directo ás praias da Punta e de Ríos. A zona foi obxecto de varias remodelacións recentes que a dotaron dunha grande área recreativa con bancos, fontes, parque infantil, pista de patinaxe e unha senda de paseo, polo que é un lugar axeitado para acudir en familia.

A programación no Chiringuito da ETEA continúa durante todo o mes de maio:

  • Domingo 3 ás 18:30 h – Mala Herba
  • Sábado 9 ás 20:00 h – Bela & Charlo
  • Sábado 16 ás 20:00 h – Coverlovers
  • Sábado 23 ás 20:00 h – Ani Baires
  • Sábado 30 ás 20:00 h – Poligamia

Hora

3 maio, 2026 18:30(GMT+02:00)

Localización

Chiringuito de la ETEA

Av. da Marina Española, Teis, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events