CIRCODENADAL
AQUALIA

Mal de la Olla

28out22:30Mal de la OllaESPECTÁCULOS | 14,00 €22:30 Teatro Afundación

Detalles do eventos

Enrique Aparicio e Beatriz Cepeda, tamén coñecidos nas redes como Esnórquel e Perra de Satán, volven aos escenarios cun novo show para reivindicar que están ‘Mal de la olla’.

Si, si, reivindicar. Porque, se durante moitos anos tivemos que escoitar o discurso de que ter problemas de saúde mental era “non estar boa”, Enrique e Beatriz van demostrar que se pode ser unha persoa válida, alcanzar as túas metas e ter unha vida plena aínda que convivas a diario coa ansiedade, a depresión e outros traumas da chea.

É máis fácil sacarse unha carreira que aprender a controlar a túa ansiedade? Pode un sketch de Martes e 13 darlle máis sentido á túa vida que a xente coa que fuches ao colexio? Poderás gozar algún día de comerche unha boa sobremesa sen culpabilidade nin remorsos se estiveches gorda toda a túa vida? Só saberalo se, como elas, estás mal da pota.

Máis