CASTRELOS 25

26xuñ12:00Makronisos e San Simón, dúas illas que loitan contra o esquecementoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00(GMT+02:00) ETRAD

Detalles do eventos

A Asociación Cultural sen ánimo de lucro Galicia Fiddle, organizadora do Encordass Fiddle Fest —festival de corda e música popular— incorpora na súa edición de 2025 unha nova actividade que procura promover a reflexión e a memoria colectiva a través da música e da cultura.

Este ano, o festival estará dedicado ás músicas gregas, e neste contexto enmárcase a charla Makronisos e San Simón: illas contra o esquecemento, que establecerá un paralelismo entre San Simón e Makronisos, dúas illas-prisión do século XX que loitan hoxe por ocupar un lugar na memoria democrática colectiva. Nesta charla, o documentalista e investigador galego Antonio Caeiro reivindicará San Simón como símbolo de resistencia e lembranza fronte ao esquecemento colectivo dun espazo de gran valor simbólico, mentres que o historiador Andy Fernández, divulgador co proxecto Aventuras con Clío, reflexionará sobre a historia recente de Grecia e o papel de Makronisos como lugar de represión e construción da memoria.

A charla pecharase cunha interpretación musical de Christos Kanellos, músico e musicólogo grego, que interpretará unha peza como homenaxe ao poder da cultura e da música como ferramentas de transmisión da memoria.

O evento terá lugar o vindeiro xoves 26 de xuño, ás 12:00 h, na Biblioteca da ETRAD, Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional. A charla forma parte da programación do Encordass Fiddle Fest, un festival internacional que se celebra na Illa de San Simón, do 26 ao 29 de xuño, e que ten o violín como eixo principal. Para acceder a máis información acerca do Encordass Fiddle Fest, podes consultar o noso artigo AQUÍ.

Máis

Hora

26 xuño, 2025 12:00(GMT+02:00)

Localización

ETRAD

Rúa de García Barbón, 5, Santiago de Vigo, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events