MAKETON WAY: 19ª aniversario RESERVA ROCK – A Movida

outubro, 2018

13out13:30MAKETON WAY: 19ª aniversario RESERVA ROCKCONCERTOS | De balde13:30 Reserva Rock

Máis

Detalles do evento

Concerto da xira MAKETON WAY 2018 patrocinada por MAELOC co afán de apoiar a música local e celebrar o 19º aniversario da sala Reserva Rock.

Son 3 os concertos programados para o sábado 13 de outubro desde ás 13:30 horas, que comezará cunha sesión vermú con KARAOKE EXPERIENCE. Un proxecto que coa base dos músicos de THE LELLI KELLY´s porán o escenario dispoñible para todos aqueles que queiran subirse para participar cantando clásicos do rock.

Pala tarde, desde as 19:00, ADOLFO FH ofrecerá un concerto moi especial, interpretando as súas cancións favoritas e outras de composición propia como as que interpreta nun dos grupos dos que forma parte como STONED AT POMPEii.

A partir das 22:30, se subirán ao escenario do RESERVA ROCK o xoven grupo vigués JAGUARS nun concerto integrado desde a Xira MAKETÓN WAY patrocinada por MAELOC organizada por LOS40 Vigo. Este combo local foi galardonado co primeiro premio do certame E.I.S.V. MUSIC 2016 e está formado por: Yago Guirado á voz e guitarra; Púa, guitarra solista; David Rodd á batería e Lois ao baixo.

 

Hora

(Sádado) 13:30

Lugar

Reserva Rock

Rúa Rogelio Abalde, 20, 36201 Vigo, Pontevedra

X