>
Detalles do eventos
Unha vez máis, a segunda edición do Festival de Poesía e Oralidade Máis Alto que o Ceo reúne a algunhas das voces máis significativas e
Detalles do eventos
Unha vez máis, a segunda edición do Festival de Poesía e Oralidade Máis Alto que o Ceo reúne a algunhas das voces máis significativas e singulares da poesía galega. Este ano, conta con seis sesións que se desenvolverán ao longo dos meses de xuño e xullo. Este proxecto, que naceu o pasado ano 2024 e contou cunha moi boa acollida, xurdiu coa intención de poñer en valor a potencia e calidade da literatura galega e, en especial, do xénero lírico, recoñecido máis aló das nosas fronteiras.
Na quinta e penúltima sesión, tres poetas galegos, Elvira Jardón, Suso Bahamonde e Patricia Meira, lerán poemas das súas últimas publicacións, nun evento denominado Vendo a miña alma: Poxa de poetas. No mesmo, rómpense as convencións do clásico recital colectivo para dar ás persoas asistentes a posibilidade de mercar as almas dos tres artistas (con diñeiro simulado, por suposto), nunha poxa dirixida por María Lado.
Hora
17 xullo, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño



