>
Detalles do eventos
Unha vez máis, a segunda edición do Festival de Poesía e Oralidade Máis Alto que o Ceo reúne a algunhas das voces máis significativas e singulares da poesía galega. Este
Detalles do eventos
Unha vez máis, a segunda edición do Festival de Poesía e Oralidade Máis Alto que o Ceo reúne a algunhas das voces máis significativas e singulares da poesía galega. Este ano, conta con seis sesións que se desenvolverán ao longo dos meses de xuño e xullo na A. C. Évame Oroza. Este proxecto, que naceu o pasado ano 2024 e contou cunha moi boa acollida, xurdiu coa intención de poñer en valor a potencia e calidade da literatura galega e, en especial, do xénero lírico, recoñecido máis aló das nosas fronteiras.
Na cuarta sesión, a poeta e tradutora, Tamara Andrés, trae Para non concretarme, unha proposta vencellada ao seu poemario homónimo editado con Positivas, onde se pode apreciar a pegada da súa actividade como tradutora. Durante o acto, Tamara Andrés combinará a lectura de poemas do libro con traducións, deseñando un mapa literario no que a escrita, a lectura e o paso dunha lingua a outra funcionan como vasos comunicantes.
Hora
11 xullo, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño


