FAITE AMOVIDALOVER

18xul20:00MÁIS ALTO QUE O CEO: SAMUEL L. PARÍSFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

Unha vez máis, a segunda edición do Festival de Poesía e Oralidade Máis Alto que o Ceo reúne a algunhas das voces máis significativas e singulares da poesía galega. Este ano, conta con seis sesións que se desenvolverán ao longo dos meses de xuño e xullo. Este proxecto, que naceu o pasado ano 2024 e contou cunha moi boa acollida, xurdiu coa intención de poñer en valor a potencia e calidade da literatura galega e, en especial, do xénero lírico, recoñecido máis aló das nosas fronteiras.

Na sexta e última sesión, o poeta e músico, Samuel L. París, trae O tenro é o salvaxe, unha proposta vencellada ao seu poemario homónimo editado con Galaxia. Que material queda dentro e fóra das nosas vidas? Como se escolle? E, máis importante: que construímos con el? Da tona ao óso, O tenro é o salvaxe cuestiona desde o social ao persoal nunha proposta chea de lirismo, ironía e humor.

Hora

18 xullo, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events