CASTRELOS 25

27xuñ20:00MÁIS ALTO QUE O CEO: O' LEOFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

Unha vez máis, a segunda edición do Festival de Poesía e Oralidade Máis Alto que o Ceo reúne a algunhas das voces máis significativas e singulares da poesía galega. Este ano, conta con seis sesións que se desenvolverán ao longo dos meses de xuño e xullo. Este proxecto, que naceu o pasado ano 2024 e contou cunha moi boa acollida, xurdiu coa intención de poñer en valor a potencia e calidade da literatura galega e, en especial, do xénero lírico, recoñecido máis aló das nosas fronteiras.

A segunda sesión contará co poeta, cantautor punk, actor e artista polifacético de Matamá, Leo Campos. É coñecido polos seus xa míticos personaxes da cultura galega como, por exemplo, O’ Leo e Arremecághona.

Os seus espectáculos, que están a medio camiño entre performance, concerto e recital, son sempre un lugar onde atopar emoción, compromiso e humor. Como poeta, non se pode deixar de escoitalo, porque ten a forza das revoltas. En 2007, publicou o seu primeiro poemario, Hai cu. Libre de libro é o seu último título editado, onde a memoria familiar transita polos camiños da memoria colectiva.

Máis

Hora

27 xuño, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events